* Brigada mecanizada

Consiste na limpeza de zonas amplas semiurbanas e rurais, realizando labores de varrido, eliminación de vertidos incontrolados, limpeza de vexetación de crecemento espontáneo nos fosos e camiños e eliminación de terras, pedras ou barro producido por arrastres, etc.


* Retirada de carteis e limpeza de pintadas

Este vehículo está especialmente deseñado para a limpeza de pintadas, manchas de graxa e manchas no pavimento. O equipo dotado de auga quente a presión de ata 200 bar, e está totalmente insonorizado.

* Plans de actuación en situacións de emerxencia

O obxecto deste servizo é a restitución das vías e espazos públicos ás condicións orixináis para o tránsito de persoas e vehículos, cando estas foran alteradas por condicións metereolóxicas adversas, tales como nevaradas, heladas, inundacións e fortes treboadas.

* Limpeza de sumidoiros

As labores deste servizo consisten na limpeza interior (parte visible) e exterior dos sumidoiros, xa que é de máxima importancia mantelos en condicións óptimas de limpeza, pois delo depende en gran medida o funcionamento da rede de saneamento.

* Recollida domiciliaria de residuos a persoas con discapacidade


Co fin de colaborar con aqueles cidadáns de Monforte de Lemos que padezan dalgún tipo de discapacidade, que impádelles desprazarse por si mesmos, implántase este servizo de carácter especial, de recollida domiciliaria de residuos, que levarase a cabo de luns a sábado, en quenda de mañá.

As persoas que queiran solicitar este servizo deberán facelo a través do Rexistro Municipal do Concello e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Que viva soa.
- Ter recoñecida a situación de dependencia, conforme á normativa que sexa de aplicación, e presente mobilidade reducida.
- Ter recoñecido, conforme á normativa aplicable, un grao de discapacidade igual ou superior ó 75 %.

Poden informarse tamén chamando o teléfono número 900 101 390 .