Saltar ao contido

Servizos de Limpeza Viaria

Servizos de limpeza viaria:  limpeza manual e mecanizada, varridos, baldeos, recollida domiciliaria a persoas con discapacidade, etc.

Limpeza Manual e Mecanizada

O varrido manual é a limpeza das beirarrúas ou calzadas mediante un equipo manual de traballo. 

 O varrido mecánico é a limpeza das beirarrúas ou calzadas mediante unha maquina varredora con sistema de aspiración. Realizase en beirarrúas sen elevada densidade de mobiliario urbano que impida o paso da maquina varredora e sobre todo nas rúas de moita circulación. Esta máquina elimina rapidamente a sucidade, o lixo lixeiro e follas caídas das árbores. Esta labor faise por medio de dous cepillos laterais e unha forte turbina de aspiración. Para evitar o erguemento de pó, a varredora dispón duns mecanismos pulverizadores de auga que humedecen a zona anterior ó varrido, de modo que cando o cepillo actúa, non se provoca poeira.

Servizo de baldeo mecánico

O baldeo mecánico consiste no lanzamento de auga a presión sobre as calzadas, beirarrúas, e superficies amplas pavimentadas, especialmente nas proximidades dos bordos, mediante un camión cisterna ou mediante unha autobaldeadora de alta presión, co fin de arrastrar os residuos e desperdicios os cales recolleránse nas operacións de varrido. Esta máquina permite baldear mecánicamente as calzadas con ou sen aparcamentos, moi especialmente na súa zona máis próxima ós bordos, mediante o lanzamento de auga a presión

Varrido Mixto e Baldeo Mixto

O varrido mixto dispón de diferentes cepillos e dispositivos para realizar a tarefa de varrido de beirarrúas, zonas peonís, prazas e espacios públicos pavimentados. Os residuos son conducidos ó interior do depósito da máquina, mediante un sistema de aspiración que consegue un caudal de aire de 10.020 m³/h. Vai acompañada dun operario que utiliza unha sopladora para conducir os resíduos cara o aspirador.

O barrido mixto permite subministrar, mediante a cisterna dotada de dispositivos adecuados, auga para realizar un baldeo manual de beirarrúas, paseos e calzadas, así como debaixo dos vehículos naquelas zonas onde non existan bocas de rego.

 

Servizo de desbroce de camiños con tractor

Incorpórase ó servizo un tractor con brazo desbrozador para a roza de maleza nas marxes dos camiños de titularidade municipal. O cabezal desbrozador que vai acoplado ó brazo articulado permite a roza de cunetas e taludes, ofrecendo un óptimo estado de mantemento e uso dos camiños municipais. 

Brigada mecanizada

 

Consiste na limpeza de zonas amplas semiurbanas e rurais, realizando labores de varrido, eliminación de vertidos incontrolados, limpeza de vexetación de crecemento espontáneo nos fosos e camiños e eliminación de terras, pedras ou barro producido por arrastres, etc.

 

Retirada de carteis e limpeza de pintadas

 

Limpeza con vehículo que está especialmente deseñado para a limpeza de pintadas, manchas de graxa e manchas no pavimento. 

O equipo dotado de auga quente a presión de ata 200 bar, e está totalmente insonorizado.

 

Limpeza de sumidoiros

 

As labores deste servizo consisten na limpeza interior (parte visible) e exterior dos sumidoiros, xa que é de máxima importancia mantelos en condicións óptimas de limpeza, pois delo depende en gran medida o funcionamento da rede de saneamento.

 

Plans de actuación en situacións de emerxencia

 

O obxecto deste servizo é a restitución das vías e espazos públicos ás condicións orixináis para o tránsito de persoas e vehículos, cando estas foran alteradas por condicións metereolóxicas adversas, tales como nevaradas, heladas, inundacións e fortes treboadas..

 

Recollida domiciliaria de residuos a persoas con discapacidade

Co fin de colaborar con aqueles cidadáns de Monforte de Lemos que padezan dalgún tipo de discapacidade, que impádelles desprazarse por si mesmos, implántase este servizo de carácter especial, de recollida domiciliaria de residuos, que levarase a cabo de luns a sábado, en quenda de mañá.

As persoas que queiran solicitar este servizo deberán facelo a través do Rexistro Municipal do Concello e deberán cumprir os seguintes requisitos:

  •  Que viva soa.
  •  Ter recoñecida a situación de dependencia, conforme á normativa que sexa de aplicación, e presente mobilidade reducida.
  •  Ter recoñecido, conforme á normativa aplicable, un grao de discapacidade igual ou superior ó 75 %.
Axuda mans unidas

Poden informarse chamando ao número 900 101 390